domingo, 25 de octubre de 2015

Vida romana

Cando pensamos en romanos, pensamos en xente en taparrabos con cascos loitando corpo a corpo e matando xente, como nos contan nas pelis,pero é mentira.Para empezar nos coliseos,anfiteatros... ou sitios onde se producían non había este tipo de enfrentamentos a vida ou morte, había espectáculos como carreras de cabalos, que eran os máis populares e circos.É certo que habia xente así,os guerreiros, pero non loitaban ata morrer excepto algún que outro caso.Tamén había curandeiros,que eran os que facían as pocións, as cataplasmas para curar feridas...Tamén había gandeiros,agricultores, filósofos...Era unha sociedade diferenciada de clases, con escravos incluídos,onde o prestixio dábache o poder de ser libre ou non.
Cando chegaron á península no século III A.C,introduciron moitísimos cambios e avances.
Imaxina que eres unha persoa da época,pero non do imperio romano, e que queres ir á cidade de Lucus Augusti, unha das máis importantes galegas.Ao empezar a viaxe empezas camiñando polos camiños de terra e grava,ata que atopas as primeiras calzadas que construiron os romanos, que cruzaban a peninsula de norte a sur e de leste a oeste.Podíase camiñar perfectamente, xa que eran de metro e medio de grosor.Grazas a estas calzadas, facilitáronse o transporte de mercadorías en carromatos,Cada mil pasos, mas o menos 1480 metros, se colocaba un miliarium, que indicaba la distancia entre poblaciones

A medida que segues camiñando cara á cidade,ves unhas murallas de pedra que rodean a cidade, non sabes o que son ou se teñen algún significado, xa que nós viviamos nos castros, onde as nosas"murallas" eran de terra.Cando entras á cidade,observas que a xente non fala a mesma lingua ca ti,falan o latín.Ao largo dos séculos todo o mundo o aprenderá a falar,xa que é a lingua oficial do imperio, e as linguas propias de cada sitio quedarán retrinxidas ao fala popular ou á súa desaparicón.
Despois de tal camiñata,queres comer algo, pero como non tes moitos cartos, pides o máis barato, unha hamburguesa.Estas hamburguesas eran simplemente pan con carne, e todo o que se lle podía meter.Unha cousa que se comía moito era a salsa garum, feita con tripas de pescado, aceite... deixandoa fermentar e así obtíase unha salsa que facía perdurar a comida moito tempo e dáballe sabor.Nas cidades romanas podías facer todo canto quixeras,tiñan casas de citas, saunas onde relaxarse,mercados... As saunas e sitios termais eran moi populares,era un edificio cun burato por onde meterse arrastrándose, para que o vapor non saíse en grandes cantidades, e dentro era xa un espazo aberto onde sentarse a disfrutar.Cando querías saír volvías a arrastrarte polo burato e alí tiñas unha zona con auga fría.
Se despois querías dar una paseo, había dous camiños que cruzaban a cidade de norte a sur de leste a oeste, que se cruzaban nun punto, que era o máis importante da cidade.
Despois de comer,tes ganas de ir ao baño e cada pouco tempo encontrabas as letrinas ou baños públicos.Do primeiro do que te decatas é da hixiene que ten, grazas ás cañerías que inventan para manteñer limpo e fresco o sitio. Costaba aproximadamente 50 céntimos de euro actualmente e dábanche un pau cun pano húmido para limparte e despois tirabas o pano polo retrete, o pau reutilizábase.Non había separadores nin portas en cada letrina e estaban todos xuntos.Como aínda é temprano aproveitas para facer turismo e decátaste que podes facer moitas cousas,tes circos,bibliotecas,burdeles...
Unha característica das cidades romanas é que por dentro das casas estaba pintado,grazas a investigacións na cidade de Pompeia, que foi arrasada por unha erupción volcánica e a cidade  quedou tal e como estaba.Outro dato curioso é que tiñan unha especie de "graffitis" nas casas, podían ser de varios tipos. do tipo de se vende ou alquila esta propiedade, ou do estilo de manolito fornicou con pepito... ou do estilo de morreu menganito
E despois de ver todo o que ten a cidade decides quedarte e así foi como os romanos conquistaron prácticamente toda a península, a excepción de algunha loita pero dende logo non é como nos contan de loitas sangrentas etc, maís ben é como Estados Unidos na actualidade, non conquista pero ofrece cousas que fan que che replantees onde queres estar e así pouco a pouco conquistaron o mundo durante os séculos.

martes, 13 de octubre de 2015

Lendas Mouras

En Galicia son moi comúns as lendas de mouros e mouras.O término "mouro".según se cre, provén da palabra ouro,xa que como vivían no subsolo ,dependendo da zona afirmaban que extraían ouro e pedras preciosas.Eran considerados paganos ou "non bautizados",xa que a influencia da Igrexa era moi forte.Os mouros nalgúns casos eran de pel oscura,como significado de allea á terra galega, mentres que as mouras eran pelirroxas,xa que de aquela o rubio usábase para designar a cor pelirroxa e de pel branca.Soían ser de cabelos louros,negros ou brancos, dependendo da zona da lenda e ollos azuis
Este tipo de lendas ten lugar na época pre-rrománicA figura dos mouros era utilizada tamén para explicar a orixe de castros,mámoas... como se hoxe fora Deus....Soen emerxer do subsolo,de manantiais e lugares fantásticos a mostrar o seu ouro, e a buscar un príncipe ou cabaleiro que sea digno de compartir o botín.As mouras lles propoñen un desafío ou proba onde teñen que demostrar o seu valor.
Na comarca do Val. en Narón,representan esta lenda na noite de San Xoán.
Existen dous tipos de mouras, as más coñecidas que so nas que se peinan o longo cabelo cun peine de ouro e as que poden voar e cargan grandes rocas, que serian pedras megalíticas e que ao mesmo tempo levan a un neno ou nena en brazos ou tamén hilan cunha rouca
As primeiras, según contan as lendas,pide un favor a un rapaz ou rapaza e a cambio este obtén un presente.Varían dende atopar piollos a cambio de xemas preciosas ou darlle un bico cando está transformanda en serpe a cambio de pasar a vida co seu fermoso ser.
As segundas representan á madre natureza e explican as construcións megalíticas,como mámoas, dólmens...Este tipo de mouras teñen lendas por toda Europa.

martes, 6 de octubre de 2015

Destrozamentos culturais

No municipio ourensán de San Cristovo de Cea, existe un xacemento arqueolóxico de máis de 6000 anos. Trátase dunha tumba colectiva, coñecida como mámoa.As mámoas son tumbas,que se forman xuntando pedras e terra para tapala, e teñen forma circular..Son propias do Neolítico e polo tanto dos castrexos da época.O dolmen é outra estructura megalítica,formada por dúas grandes rochas verticais que suxeitan unha en horizontal e estaban tapadas con terra tamén.Galicia é o lugar do mundo con máis monumentos megalíticos,xa que a cultura castrexa foi moi activa no noroeste peninsular.
Nalgunhas rexións galegas seguen mantendose elementos castrexos como utensilios,(sacho,carro...) xa que existe moita xente que se adique á gandería e agricultura.Recentemente  construiron un merendeiro encima de tal xacemento.Esta construcción fixo danos irreversibles na losa de granito que formaba a cámara sepulcral.Isto ha causado grandes revoltas e suscitado moitos comentarios, ademáis de parodias.Esta "reforma" creou moito debate sobre a cultura galega e o que se sabe dela, pensar que nin os propios galegos saben o que teñen é irónico.Moita xente estranxeira sabe máis por cultura cosas de Galicia, máis que os propios galegos en si.
O seguinte enlace é dun vídeo no que se explica brevemente como se forma un dolmen e do afortunados que somos de ter tantos.
https://www.youtube.com/watch?v=8tK1LXZ5ML4