En Galicia son moi comúns as lendas de mouros e mouras.O término "mouro".según se cre, provén da palabra ouro,xa que como vivían no subsolo ,dependendo da zona afirmaban que extraían ouro e pedras preciosas.Eran considerados paganos ou "non bautizados",xa que a influencia da Igrexa era moi forte.Os mouros nalgúns casos eran de pel oscura,como significado de allea á terra galega, mentres que as mouras eran pelirroxas,xa que de aquela o rubio usábase para designar a cor pelirroxa e de pel branca.Soían ser de cabelos louros,negros ou brancos, dependendo da zona da lenda e ollos azuis
Este tipo de lendas ten lugar na época pre-rrománicA figura dos mouros era utilizada tamén para explicar a orixe de castros,mámoas... como se hoxe fora Deus....Soen emerxer do subsolo,de manantiais e lugares fantásticos a mostrar o seu ouro, e a buscar un príncipe ou cabaleiro que sea digno de compartir o botín.As mouras lles propoñen un desafío ou proba onde teñen que demostrar o seu valor.
Na comarca do Val. en Narón,representan esta lenda na noite de San Xoán.
Existen dous tipos de mouras, as más coñecidas que so nas que se peinan o longo cabelo cun peine de ouro e as que poden voar e cargan grandes rocas, que serian pedras megalíticas e que ao mesmo tempo levan a un neno ou nena en brazos ou tamén hilan cunha rouca
As primeiras, según contan as lendas,pide un favor a un rapaz ou rapaza e a cambio este obtén un presente.Varían dende atopar piollos a cambio de xemas preciosas ou darlle un bico cando está transformanda en serpe a cambio de pasar a vida co seu fermoso ser.
As segundas representan á madre natureza e explican as construcións megalíticas,como mámoas, dólmens...Este tipo de mouras teñen lendas por toda Europa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario