jueves, 14 de enero de 2016

A verdade sobre o Nadal

Moita xente pensa que a Navidade ten que ver coa relixión,con xuntarse toda a familia,tempo de felicidade..., pois merda nun carabullo, a súa verdadeira historia é que se remonta á época dos romanos, cando celebraban a Saturnalia romana, e como era unha festa pagana os relixiosos responderon con outra festa para celebraba ó nacemento de Cristo,e como en inglés fillo  é Son,que se parece á festa que celebraban en honor ao Sol (Sun en inglés), decían que era á festa do nacemento de Cristo.
 Para o  ano 529 d.C., despois  de que o cristianismo fóra convertido en la relixión oficial do estado no Imperio Romano, o emperador Xustiniano fixo da Navidade unha festividade cívica

E outra cousa, Cristo non naceu un 25 de decembro,nin de lonxe!, suponse que naceu a mediados de outono por que como dia a Biblia, había pastores que coidaban das ovellas polo día e noite no deserto ata que comenzaban as primeiras chuvias que eran en outono e en decembro xa non había pastores coas ovellas polo que é imposible que nacese en decembro.
Seguindo desmintindo cousas desta data, hai que dicir que para que o fillo de Deus quede durmindo nun pesebre no mes de decembro é imposible por que se conxela, polo tanto cada vez é máis obvio que se alexa da realidade.
“Santa” era un nombe común para Nimrod en todo Asia Menor, deus do lume que devoraba ós nenos como ofrenda dos seus pais para purificar a súa alma.. Este era tamén o mesmo deus do lume que descendía polas chemineas dos antigos pagáns e o mesmo deus do lume a quen os infantes éranlle quemados e comidos por sacrificio humán, entre aquelos que algunha vez foron o pobo de Deus.
O nome de Papá Noel ven de San Nico, seguidor de Nimrod e polo tanto eran guerreiros e asasinos, e a súa secta era a de "San Nick"


E a árbore? É unha parte moi importante dentro desta festividade e a súa orixe é complexa posto que o actual abeto típico desta festa é de Alemania, na que según contan as lendas o tronco cortado deste árbore representaba a Nimrod e a rama verde que salía de alí representaba á volta á vida daquel ser e para os romanos,exipcios e babilonios eran a palma,palmeira...
En fin, que todo o que vostede pensaba acerca do nadal era erróneo, xa que hai que remontarse moi atrás para dar coa orixe. Actualmente esta festa baséase nas compras, en facer excepcións no aforro e gastar cartos, producto da publicidade das grandes empresas para gañar cartos, e eu non digo que sea malo, ten cousas boas e outras non tanto, como por exemplo que crea postos de traballo para xente necesitada e que os actos da verdadeira doctrina da relixión aflora, como deixar propina,axudar aos máis desfavorecidos... pero si que debería ter máis en conta os verdadeiros detalles,como por exemplo que Papá Noel era verde, e non vermello como é agora. A causa? Coca-Cola, coa súa cor vermella e agora pénsase que sempre foi así e isto hai que evitalo.

lunes, 4 de enero de 2016

Danos colaterais da emigración

Cando falamos da emigración pensamos nun home marchando, ou cun rapaz e ás veces toda a familia pero o normal é que só sexa o home.Se nos paramos a pensar nas consecuencias dunha marcha masiva de homes nóvos,pensamos que pode baixar a natalidade e como consecuencia unha perda da poboación, que se para colmo Galicia tiña pouca xente e a maioría vellos, xa é a repera.
Coa marcha dos homes, as mulleres e os cativiños que quedaban tiñan que traballar sen depender da idade ou se tiña calquera doénza ,polo que as condicións de vida empeoraron en tódolos ámbitos, a nivel cultural como por exemplo os poetas do exilio, que aínda que seguían a escribir non era o mesmo, a nivel financieiro se mellorou un chisco xa que os homes mandaban a maioría dos cartos á familia para poder subsistir.
Nesta época é cando nos damos conta de que as mulleres sacaron o país adiante, grazas ao seu traballo no campo e desempeñando as funcións dos homes fixeron que se notara o menos posible a súa ausencia.Por parte deles, marcharon cara América, principalmente para Arxentina,Cuba e posteriormente Venezuela.Na Arxentina fundaron diversas editoriais galegas do exilio e publicaron numerosas obras xente coma Rosalía de Castro.En Cuba houbera un cambio social moi grande con Fidel Castro, Che Guevara...Foi unha etapa de inestabilidade política. En Venezuela foise moita xente a partir de mediados da época ,xa que non estaba permitido ir cara alí, era unha dictadura como o é hoxe e que viven moi mal co réxime de Maduro,sucesor de Chávez. 


Como consecuencia de que os homes estiveran lonxe das súas mulleres, fóronse con otras mentres estaban alí ou tiveron crioulos, que son fillos de xente de alí e os galegos.Foron moitos os que quixeron voltar cara Galicia pero se viñan os homes ían ter problemas de honra ,honor e por iso moitos quedaron alá.Outros crioulos eran os fillos primoxénitos do home, despois este volvía aquí e tiña outro pequeno, e ás veces viña o crioulo reclamando o que era seu o non o deixaba marchar de América sen que lle dera parte da súa riqueza.
Non todo na emigración foi negativo, aínda que si tivo demasiados problemas para os galegos, pero temos que pensar por qué o fixemos, por que agora se está volvendo a facer coas chamadas ´´fugas de cerebros´´ de xente nova que marcha cára Europa para buscar traballo xa que aquí non hai oportunidades e por iso é polo que sempre hai que ollar cara atrás para poder seguir cara adiante, para sabe como reaccionar aos problemas que se nos voltan presentar uns anos despóis,para non ter que volver a pasar toda esa dor e tódolos problemas secundarios que iso trae.Para que Galicia,principalmente por ter moita xente anciá, poida seguir existindo como comunidade autónoma non podemos permitir que os nosos compañeiros marchen xa que nos levan á ruína demográfica e acabaremos sendo un pobo fantasma.