lunes, 4 de enero de 2016

Danos colaterais da emigración

Cando falamos da emigración pensamos nun home marchando, ou cun rapaz e ás veces toda a familia pero o normal é que só sexa o home.Se nos paramos a pensar nas consecuencias dunha marcha masiva de homes nóvos,pensamos que pode baixar a natalidade e como consecuencia unha perda da poboación, que se para colmo Galicia tiña pouca xente e a maioría vellos, xa é a repera.
Coa marcha dos homes, as mulleres e os cativiños que quedaban tiñan que traballar sen depender da idade ou se tiña calquera doénza ,polo que as condicións de vida empeoraron en tódolos ámbitos, a nivel cultural como por exemplo os poetas do exilio, que aínda que seguían a escribir non era o mesmo, a nivel financieiro se mellorou un chisco xa que os homes mandaban a maioría dos cartos á familia para poder subsistir.
Nesta época é cando nos damos conta de que as mulleres sacaron o país adiante, grazas ao seu traballo no campo e desempeñando as funcións dos homes fixeron que se notara o menos posible a súa ausencia.Por parte deles, marcharon cara América, principalmente para Arxentina,Cuba e posteriormente Venezuela.Na Arxentina fundaron diversas editoriais galegas do exilio e publicaron numerosas obras xente coma Rosalía de Castro.En Cuba houbera un cambio social moi grande con Fidel Castro, Che Guevara...Foi unha etapa de inestabilidade política. En Venezuela foise moita xente a partir de mediados da época ,xa que non estaba permitido ir cara alí, era unha dictadura como o é hoxe e que viven moi mal co réxime de Maduro,sucesor de Chávez. 


Como consecuencia de que os homes estiveran lonxe das súas mulleres, fóronse con otras mentres estaban alí ou tiveron crioulos, que son fillos de xente de alí e os galegos.Foron moitos os que quixeron voltar cara Galicia pero se viñan os homes ían ter problemas de honra ,honor e por iso moitos quedaron alá.Outros crioulos eran os fillos primoxénitos do home, despois este volvía aquí e tiña outro pequeno, e ás veces viña o crioulo reclamando o que era seu o non o deixaba marchar de América sen que lle dera parte da súa riqueza.
Non todo na emigración foi negativo, aínda que si tivo demasiados problemas para os galegos, pero temos que pensar por qué o fixemos, por que agora se está volvendo a facer coas chamadas ´´fugas de cerebros´´ de xente nova que marcha cára Europa para buscar traballo xa que aquí non hai oportunidades e por iso é polo que sempre hai que ollar cara atrás para poder seguir cara adiante, para sabe como reaccionar aos problemas que se nos voltan presentar uns anos despóis,para non ter que volver a pasar toda esa dor e tódolos problemas secundarios que iso trae.Para que Galicia,principalmente por ter moita xente anciá, poida seguir existindo como comunidade autónoma non podemos permitir que os nosos compañeiros marchen xa que nos levan á ruína demográfica e acabaremos sendo un pobo fantasma.

1 comentario:

  1. Gústame como o expresas e aprendo moitas cousas que descoñecía.
    Teño curiosidade por saber algo máis dos " espaldas mojadas" quenes eran e porque se lles chamaba así, agradezcoche de anteman o teu tempo.Un saudo

    ResponderEliminar