domingo, 13 de diciembre de 2015

Peripecias Mariñeiras de Morocho

O meu avó Morocho era un namorado da mar,xa que se criou nunha terra de mariñeiros,Meirás, non confundir co Pazo de Meirás no que Franco pasaba os veráns.A súa casa era grande,tiña o sitio para o gando e para toda a familia.
Casa Morocho
Houbo unha vez que tiña pensado marchar e emigrar cara América para poder soster á familia e aportar cartos.Levantouse cedo para non despertar aos fillos por que non quería despedirse e chorar, non estaba afeito a iso.Despertou coa que fora a súa muller de toda a vida,dende raparigos xa e axudoulle a rematar de facer a maleta,escasa pero con demasiados recordos de Dios.Á hora xa estaba embarcando en Coruña xunto con outras persoas camiño dunha terra mellor supostamente.Estaba xa no barco-cruceiro cando escoitou que outro barco afundírase o "Aldecoa" frente a África, e el o entendeu como que o podía perder todo e a todos e non  embarcou, fuxiu dando golpes e patadas, pero xa era tarde, o navío saíra do embarcadoiro e estaba a unha milla de distancia.Preguntou cando podería baixar e voltar e os responsables ao mando alucinaban.
Dixéronlle que ata que chegaran ás Américas nada, e el cagándose na leite que mamaron deuse á volta.Esperou un par de días con gañas de saír daquela pocilga e cando chegaron foi o primeiro en saír e o primeiro en querer voltar.Preguntou aos de alí se o podían levar ou canto lle costaría, e ao dicir que era español poñíanlle escusas.Non sabía o que facer e para aforrar os cartos por si acaso,durmíu á tempeire.Ao final pensou en obter unha barquiña de madeira e remar cara a súa familia, pero se era un só cansaríase rápido e quedaría á deriva, polo que había que buscar a outro.
Preguntou primeiro aos españois do barco que estiveran con el e o tomaban a mal por que non querían pensar nos seus fogares e mulleres e recibíu palizas.Optou por preguntar á xente local da zona por se alguén quería acompañalo pero todo eran negativas e ao final decidíu infiltrarse nun cargueiro ou algo polo estilo.
Despois dunha semana de espera apareceu a oportunidade e non a desaproveitou,era un barco de mercadorías que transportaba especias e aloxouse nun recuncho do almacén,tapado cunha manta para que o viran o menos posible,Durou así tres días e dúas noites,aproveitando algunha cousa que había por alí.Deixouno no porto de Vigo e aínda que pareza incrible,camiñou dende Vigo cara Meirás,a ratos a pé a ratos en carro de alguén que o axudaba, ao final despois dun mes sen saber nada del, voltou a casa como se nada, cun sorriso na boca de orella a orella e sabendo o que quería,quedar coa familia pasase o que pasase.Esta historia cóntase na familia todos os anos, recordando a súa figura e as súas cousas,que eran algunhas impensables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario