miércoles, 25 de noviembre de 2015

Morocho,o avó patriota

Morocho Dopico foi o meu avó paterno,gran señor que nos deixou cando aínda era cativiño eu,pero teño recordos,algúns vagos,da súa persoa e historias del.O que recordo del é un anciano cun sorriso na boca e de costumes, de comer a unha hora e de botar a partida dos domingos.Un home feito e dereito dos que xa non quedan,un home con principios e ideais.Detrás dese comportamento tan xenuino cabe destacar un militar que sinte as cores da bandeira e que a defende.
Non era "facha" como algúns cretinos cren, por que para empezar os fachas son os actualmente remingados ou "pijos" en castelán.Os patriotas eran os que se levantaban antes que o sol para traballar no campo manualmente,manchándose, e que se acostaban á noite rendidos.Eran os que limpaban a carne e o peixe sen guantes,en fin os que facían as cousas e levantaban o país.
Os fachas eran peores por que dicían "eu iso non o fago que non me gusta ou me ensucio",e falando en  castelán por suposto.El era patriota de verdade.
Non loitou na guerra en principio por que en Galicia non houbo guerra e por que non podía permitirse abandoar a unha muller e doce fillos a súa sorte,sen ensinarlles como traballar no campo para sobrevivir, pero el apoiaba aos comunistas alabándoos e facendo todo o que podía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario