Por difícil que pareza,existen truquiños para saber sacar fotos coma os grandes,ao estilo de Gabriel Tizón, por exemplo, fotógrafo galego de grande prestixio europeo.É un dos mellores fotógrafos do mundo, estivo prácticamente en tódolos continentes traballando con refuxiados,fauna...Pero volvendo ao tema das fotos, cos seguintes trucos poderás ver a diferencia entre unha foto que facemos calquera e unha boa foto.
Imaxina que divides o plano da cámara en seis partes iguais.
- Por exemplo, a línea do horizonte non debe estar no medio xusto.
Se a linea do horizonte está máis baixa ou alta queda mellor por que ves toda a fotografía.
-Se lle sacas unha foto a túa moza ou mozo, é mellor que se poña fora dos cadrados do centro, aínda que insista pra saír.
-Se lle sacas unha foto a alguén cun fondo, é mellor que o fondo sexa branco ou unha cor uniforme para que destaque coas cores da roupa e complementos nada máis vela.
Son poucos consellos aínda que prácticos, se dubidas proba a facelo e poderás ter fotos como as de Gabriel Tizón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario