Esa é cuestión,como chamarías ao 31 de outubro? É o mesmo? Pois si, é o mesmo.A principal diferencia entre unha e outra é o carácter que se lle da, o Halloween americano ten máis motivos económicos e financieiros que os motivos de festa e enxebre do Samaín.Ademais o Halloween ten trazos de varias festas xuntas, como o entroido e o día dos defuntos.A noite de Samaín era a única do ano na que os difuntos podían reencontrarse cos vivos.Considerábase un sacrilexio non asistir á misa dos defuntos ou á de "cabo de ano"
Esta festa está moi arraigada en Galicia, xa que é unha comunidade moi máxica e supersticiosa, coa Santa Compaña, as mouras...
As manifestacións da festa co nome de Samaín proveñen de xente como Otero Pedrayo, que explicaba que en Irlanda bebían da fonte do esquezemento,pero o seu inicio o ten na cultura celta.Aínda que a persoa que re-descubriu esta festa tan querida en Galicia é Rafael López Loureiro,que comprobou que existía en Galicia ata menos de fai trinta anos.Tamén fixo que se recobrara a "procesión das ánimas" na que os mozos xoves da villa saían descalzos pola rúa portando un candí lembrando á Santa Compaña.
Antaño na época celta en vez de cabazas usábanse caaveiras baleiras para que os demos non se acercaran.Posteriormente usábanse nabos e finalmente cabazas,xa que era do que máis abundaba en cada época.A típica frase de "truco ou trato" ten o seu significado, e é que os celtas deixaban doces nas portas para manter contentos aos demos e espíritos malignos.
Tamén era típico que os druidas utilizaran o xogo da mazá para saber quen sería o primeiro en casar no pobo, e hoxe é un dos xogos típicos da festa.Nesta noite os druidas achegábanse ata os bosques para recoller muérdago cunha foz especial para a relixiosidade;era de ouro.Cando volvían elaboraban pócimas para obter pronósticos como casamentos,a morte...
No hay comentarios:
Publicar un comentario