domingo, 13 de marzo de 2016
Maria Vázquez Suárez, feminista galega
Xa polo título podemos imaxinar que non debeu de acabar moi ben esta pobre rapariga,xa que o de ter ideas socialistas na época sendo unha muller era complicado, e en efecto acabou asasinada en 1936 pola garda da II República. Unha das fontes de información que temos é o relato de María Victoria, familiar súa.
A priori, "Maruxa" era unha rapaza normal, nada en 1895 en Satiago e filla dun militar e dunha cantineira, que tecía para os nenos aos que ensinaba na escola de Miño, xa que era mestra,
para que non existira distinción de clase.
En 1913 consigue o título de mestra e en 1918 é nomeada para a escola de nenas da Pobra do Caramiñal, logo de demorarse a obtención da praza que obtivera en 1917 para un destino en Castellón.Non é ata decembro de 1929 cando consigue a praza de mestra na escola número 2 de Miño,onde é recordada pola súa labor a favor da escola laica e o amor libre.
Interesouse pola pedagoxía dende os seus comenzos para coseguir o que desexaba, os valores que eran demasiados novidosos para a época e que moita xente desprezaba como os bonecos dos semáforos en Valencia, onde puxeron bonecas de mulleres e de homes para a igualdade, aínda que hai xente(incluíndo mulleres) que o ven inútil como o vía a xente polo traballo de Maruxa.
Militou o PSOE, participou en mitins e diversos actos, e foi fundadora da agrupación socialista de Miño en 1933. Estaba afiliada á sección de ensino da UXT dende 1933 e era socia de agrupacións feministas, destacando nos seus discursos a preocupación polos dereitos das mulleres. En 1933, impartiu unha conferencia no local coruñés da Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Hispano-Americanas.
No momento do golpe militar, María atopábase na Coruña, onde foi detida a inicios de agosto e trasladada ao cárcere de Pontedeume.Estando encarcerada, o 14 de agosto foi destituída como mestra, documento de destitución que asina con pulso vacilante María un día antes do seu asasinato.
Na madrugada do 19 de agosto, falanxistas e gardas civís de Pontedeume sacaron a María do cárcere, xunto con outros presos, e asasinárona nunha praia de Miño, aínda que a súa morte non foi rexistrada ata decembro.
Foi acusada, entre outras cousas, de postular a escola laica e o amor libre, así como de enterrar á súa nai sen rito católico.Tras a súa morte, Xoaquín, o pai, foi obrigado a abandoar Miño e regresou a Vilaescura en 1941, onde lembran que nunca superou o asasinato da súa filla, que o pasou mal toda a vida (ata a súa morte en 1950) e que se fixo un home solitario. Ía todas as tardes a unha pequena casoupa, coñecida hoxe como a “casiña do capitán”, que construíu afastada das casas, cerca de Penabión, a ler o xornal e estar só, mirando o paso do tren aló abaixo cara ao Cabe. Pouco antes de morrer fora un tempo á misa, “por cumplir”, polo que o puideron enterrar no camposanto en Vilaescura, nunha tumba de terra.
Con todo isto, María conseuíu que a xente se dera conta do interese que tiña a xente poderosa de que as cousas non cambiaran e así crearonse os sindicatos para os dereitos das mulleres e todo o relacionado co elas aquí en Galicia.
martes, 8 de marzo de 2016
Pepa a Loba
Este mito ou lenda explica a historia dunha heroína de fins do século XIX e que hoxe en día escasece este tipo de personas. Cando lin a súa historia imaxínabame que era una destas pelis que poñen os domingos polas tardes e que soen ser iguais, de asasinatos e que pouca xente ve. A historia é que Pepa era filla de nai solteira e o seu pai marchou, aínda que voltou despois para violar á nai en presenza da filla e tras deixala en cinta, morreu no parto. Posteriormente, e con 12 anos, foi vivir ao carón dunha tía súa,Dorinda, e que a convertiu en pastora, polo que recibiu o alcume de ¨Pepa a Loba¨ posto que un día mentre coidaba das ovellas apareceu un lobo e coa axuda do seu fiel can, deulle morte. Tras lograr este feito, a súa tía obligouna a pasear coa cabeza da besta para que o pobo vira o valente que fora. Despois desto pepiña abandona a Dorinda e vai a traballar a uns ultramariños propiedade dun irmán do seu pai, que a fai herdeira. Como cabía de esperar o pai volta e mata ao seu irmán e despois dun xuízo inxusto, Pepa é metida na cadea e da que despois fuxiría sendo xa moza e vestida coma un cura. E o primeiro que fai cando escapa non é ir comer una hamburguesa nin nada, senón con sede de vingaza logra matar ao seu pai coa axuda do seu can que chama ¨Lueiro¨ e a partir de aquí se forxa a lenda.
Aínda que non se sabe se únicamente existiu unha, por que actuou en Ferrol,Ourense, Vigo... é un símbolo para as mulleres como se decimos que para o home é o Cid campeador. O seu alcume tamén é provocou discusións xa que a mayoría propón que o nome de ¨A Loba¨ fai referencia á Serra da Loba. Outros din que ven dunha marquesa ou condesa cun nome parecido pero eso non lle resta importancia e segredos a esta historia de película tan galega que se se chega a producir podería ser un éxito. O máximo que se conseguiu facer con esta historia é una obra de tetro con Arturo Valls e que aquí os deixo un adianto.Pepa a Loba
Suscribirse a:
Entradas (Atom)