martes, 8 de marzo de 2016

Pepa a Loba

Este mito ou lenda explica a historia dunha heroína de fins do século XIX e que hoxe en día escasece este tipo de personas. Cando lin a súa historia imaxínabame que era una destas pelis que poñen os domingos polas tardes e que soen ser iguais, de asasinatos e que pouca xente ve. A historia é que Pepa era filla de nai solteira e o seu pai marchou, aínda que voltou despois para violar á nai en presenza da filla e tras deixala en cinta, morreu no parto. Posteriormente, e con 12 anos, foi vivir ao carón dunha tía súa,Dorinda, e que a convertiu en pastora, polo que recibiu o alcume de ¨Pepa a Loba¨  posto que un día mentre coidaba das ovellas apareceu un lobo e coa axuda do seu fiel can, deulle morte. Tras lograr este feito, a súa tía obligouna a pasear coa cabeza da besta para que o pobo vira o valente que fora. Despois desto pepiña abandona a Dorinda e vai a traballar a uns ultramariños propiedade dun irmán do seu pai, que a fai herdeira. Como cabía de esperar o pai volta e mata ao seu irmán e despois dun xuízo inxusto, Pepa é metida na cadea e da que despois fuxiría sendo xa moza e vestida coma un cura. E o primeiro que fai cando escapa non é ir comer una hamburguesa nin nada, senón con sede de vingaza logra matar ao seu pai coa axuda do seu can que chama ¨Lueiro¨ e a partir de aquí se forxa a lenda.
Aínda que non se sabe se únicamente existiu unha, por que actuou en Ferrol,Ourense, Vigo... é un símbolo para as mulleres como se decimos que para o home é o Cid campeador. O seu alcume tamén é provocou discusións xa que a mayoría propón que o nome de ¨A Loba¨ fai referencia á Serra da Loba. Outros din que ven dunha marquesa ou condesa cun nome parecido pero eso non lle resta importancia e segredos a esta historia de película tan galega que se se chega a producir podería ser un éxito. O máximo que se conseguiu facer con esta historia é una obra de tetro con Arturo Valls e que aquí os deixo un adianto.Pepa a Loba

No hay comentarios:

Publicar un comentario