Polas súas entradas e saídas do cárcere, caeu enfermo e faleceu en 1829, deixando orfa de pai a súa filla con tan só 9 anos. Nese mesmo ano marchou coa súa nai María Concepción Ponte Mandiá Tenreiro e as súas irmás Antonia e Luisa, esta última falece ao ano seguinte, a Cantabria á casa da súa avoa paterna onde recibe unha férrea formación relixiosa. En 1834 volve marchar, pero a Madrid grazas a Antonio Tenreiro, o seu tío, e segundo Conde de Vigo, onde estudou para un colexio de señoritas.
Sete anos despois ingresou como oínte na Facultade de Dereito da Universidade Central de Madrid e vistindo coma un home posto que na época estaba prohibido para as mulleres, asistía tamén a tertulias políticas e literarias... defendendo xa á muller, rasgo que a caracterizou.
En 1848 casou co avogado e escritor Fernando García Carrasco, co que tivo 3 fillos.Este faleceu en 1857 a causa da tuberculosis. Volveu a Cantabria onde coñeceu a Xesús de Monasterio, quen a invitou a fundar en 1859 o grupo femenino das Conferencias de San Vicente de Paúl para axudar aos pobres. Escribe "A beneficiencia, a filantropía e a caridade" en 1860 para a Academia de Ciencias Morais e Políticas baixo o nome do seu fillo Fernando, finalmente gaña e convértese na primeira muller premiada pola Academia. En 1863 recibiu tamén o título de Visitadora de Cárceres de Mulleres, e foi a primeira en ostentalo ata 1865. Nesta época escribe libros como " Oda á esclavitude", "O reo, o pobo e o verdugo"...
En 1872 fundou a Constructora Benéfica para crear casas aos máis desfavorecidos e tamén axudou a crear a Cruz Vermella de Socorro para os feridos da Guerra Carlista, co qeu publica Estudos Penitenciarios en 1877.
Concepción Arenal foi a muller que introduxo o feminismo en España e un referente para as liberdades que teñen actualmente as mulleres, o poder desempeñar cargos como a avogacía, mediciña... e outras profesións que antes só desempeñaban os homes, polo que as mulleres que a critican non saben o que están criticando, alaban ao conservadorismo extremo, ao internamento da muller na casa e a depender dun home para todo co que resulta , como menos, irónico.
Finalmente a heroína ferrolana falece o 4 de febreiro de 1893 en Vigo,Pontevedra, onde foi enterrada. Outra das cousas que caracterizaron a esta muller foron as súas frases célebres como "Odia el delito y compadece al delicuente"
Cando un elixe o Instituto debe ter en conta valores como os de esa muller,chamada Concepción Arenal. Excelente traballo e moi boa música, auténtica.
ResponderEliminar