Pois grazas á Revolta Irmandiña de 1467, Galicia deu fin a séculos de feudalismo nunha loita apoiada inesperadamente por unha pequena burguesía emerxente e polos campesiños,debido aos problemas sociais da época como eran a fame, a escasa poboación que quedaba como consecuencia da peste de 1348 e os impostos que tiñan que pagar os campesiños.
En 1230 únense as Coroas de Castela e León e Galicia pasa a ser unha zona de grande importancia, posto que grazas ao seu ruralismo,obtíñanse moitos impostos. Como ven sendo normal en Galicia, o poder da Igrexa era moi grande co que incomodaba á coroa á vez que a burguesía aproveitábase dos labregos.
A revolta tivo lugar entre 1467 e 1469 e foi formada por Alonso de Lanzós anos antes.
A causa desta revolución foron anos de malas colleitas e polo tanto eran imposible de pagar os impostos que lles pedían os señores feudais. Esto unido co caciquismo e o cansos que estaban de aguantar todo, reveláronse máis de 80000 persoas, incluíndo xente eclesiástica que lles axudaban económicamente, burgueses que se levantaron tamén e a maioría dos campesiños.
En 1431, Roi Xordo (fidalgo de baixa estirpe) dirixíu a Irmandade Fusquenlla , que foi a que se sublevou na Coruña. Pereceu en 1435 na represión posterior e converteuse no símbolo da revolución en Coruña.
Os líderes do movemento eran todos fidalgos .Pedro Osorio liderou no centro de Galicia, principalmente en Santiago de Compostela, Alonso de Lanzós dirixiu o norte de Galicia e Diego de Lemos encabezounas no sur de Lugo e norte de Ourense.
En Ferrol temos unha rúa adicada a Rui Xordo aquí, como en case toda España.
Como acto conmemorativo, cada ano hai unha festa que lembra a loita entre os irmandiños e os buegueses no que se pode participar e deixo aquí o tráiler da loita de 2007, unha das mellores que se recordan según os participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario