domingo, 21 de febrero de 2016

Concepción Arenal

Concepción Arenal naceu en "El Ferrol" o 31 de Xaneiro de 1820, nunha familia acomodada. Foi unha importante escritora de carácter realista e de relacionada co feminismo. O seu pai, Ánxel Arenal Costa foi un importante militar que chegou a ser sarxento maior, pero isto non evitou que tivera represións pola súa ideoloxía liberal e por estar en contra do réxime absolutista do rei Fernando VII.
Polas súas entradas e saídas do cárcere, caeu enfermo e faleceu en 1829, deixando orfa de pai a súa filla con tan só 9 anos. Nese mesmo ano marchou coa súa nai María Concepción Ponte Mandiá Tenreiro e as súas irmás Antonia e Luisa, esta última falece ao ano seguinte, a Cantabria á casa da súa avoa paterna onde recibe unha férrea formación relixiosa. En 1834 volve marchar, pero a Madrid grazas a Antonio Tenreiro, o seu tío, e segundo Conde de Vigo, onde estudou para un colexio de señoritas.
 Sete anos despois ingresou como oínte na Facultade de Dereito da Universidade Central de Madrid e vistindo coma un home posto que na época estaba prohibido para as mulleres, asistía tamén a tertulias políticas e literarias... defendendo xa á muller, rasgo que a caracterizou.
En 1848 casou co avogado e escritor Fernando García Carrasco, co que tivo 3 fillos.Este faleceu en 1857 a causa da tuberculosis. Volveu a Cantabria onde coñeceu a Xesús de Monasterio, quen a invitou a fundar en 1859 o grupo femenino das Conferencias de San Vicente de Paúl para axudar aos pobres. Escribe "A beneficiencia, a filantropía e a caridade" en 1860 para a Academia de Ciencias Morais e Políticas baixo o nome do seu  fillo Fernando, finalmente gaña e convértese na primeira muller premiada pola Academia. En 1863 recibiu tamén o título de Visitadora de Cárceres de Mulleres, e foi a primeira en ostentalo ata 1865. Nesta época escribe libros como " Oda á esclavitude", "O reo, o pobo e o verdugo"...
En 1872 fundou a Constructora Benéfica para crear casas aos máis desfavorecidos e tamén axudou a crear a Cruz Vermella de Socorro para os feridos da Guerra Carlista, co qeu publica Estudos Penitenciarios en 1877.
Concepción Arenal foi a muller que introduxo o feminismo en España e un referente para as liberdades que teñen actualmente as mulleres, o poder desempeñar cargos como a avogacía, mediciña... e outras profesións que antes só desempeñaban os homes, polo que as mulleres que a critican non saben o que están criticando, alaban ao conservadorismo extremo, ao internamento da muller na casa e a depender dun home para todo co que resulta , como menos, irónico.
Finalmente a heroína ferrolana falece o 4 de febreiro de 1893 en Vigo,Pontevedra, onde foi enterrada. Outra das cousas que caracterizaron a esta muller foron as súas frases célebres como "Odia el delito y compadece al delicuente"


viernes, 19 de febrero de 2016

Revolucións Irmandiñas, o gran Rui Xordo

Quen diría que por unha vez Galicia rebelouse en armas asustando á toda España?
Pois grazas á Revolta Irmandiña de 1467, Galicia deu fin a séculos de feudalismo nunha loita apoiada inesperadamente por unha pequena burguesía emerxente e polos campesiños,debido aos problemas sociais da época como eran a fame, a escasa poboación que quedaba como consecuencia da peste de 1348 e os impostos que tiñan que pagar os campesiños.
En 1230 únense as Coroas de Castela e León e Galicia pasa a ser unha zona de grande importancia, posto que grazas ao seu ruralismo,obtíñanse moitos impostos. Como ven sendo normal en Galicia, o poder da Igrexa era moi grande co que incomodaba á coroa á vez que a burguesía aproveitábase dos labregos.
A revolta tivo lugar entre 1467 e 1469 e foi formada por Alonso de Lanzós anos antes.

A causa desta revolución foron anos de malas colleitas e polo tanto eran imposible de pagar os impostos que lles pedían os señores feudais. Esto unido co caciquismo e o cansos que estaban de aguantar todo, reveláronse máis de 80000 persoas, incluíndo xente eclesiástica que lles axudaban económicamente, burgueses que se levantaron tamén e a maioría dos campesiños.
En  1431,  Roi Xordo (fidalgo de baixa estirpe) dirixíu a Irmandade Fusquenlla , que foi a que se sublevou na Coruña. Pereceu en 1435 na represión posterior e converteuse no símbolo da revolución en Coruña.
Os líderes do movemento eran todos fidalgos .Pedro Osorio liderou no centro de Galicia, principalmente en Santiago de Compostela, Alonso de Lanzós dirixiu o norte de Galicia e Diego de Lemos  encabezounas no sur de Lugo e norte de Ourense.
En Ferrol temos unha rúa adicada a Rui Xordo  aquí, como en case toda España.
Como acto conmemorativo, cada ano hai unha festa que lembra a loita entre os irmandiños e os buegueses no que se pode participar e deixo aquí o tráiler da loita de 2007, unha das mellores que se recordan según os participantes.

sábado, 6 de febrero de 2016

Revolucións galegas, Sargadelos

Quen non coñece a famosa cerámica de cores azulados? É un producto que se atopa en calquer cidade e que ten unha orixe non menos curiosa.
Fabrícase  en Sargadelos (no municipio lucense de CervoGalicia) e a súa primeira fábrica data de 1806 e creada por Antonio Raimundo Ibáñez, o seu fundador e Marqués de Sargadelos.
A denominación de Marqués de Sargadelos veu por que en 1808 recibiu ese título a mans de Carlos IV, pola súa iniciativa emprendedora na súa fábrica que se adicaba a fabricar loza fina para vaixelas.Este señor era unha persoa do común e que se adicaba á exportación e importación de productos, era como o actual Amancio Ortega e creou un imperio da nada.
Nos seus comenzos contaba coa materia prima necesaria posto que se encontraba moi cerca, e necesitaba a madeira para que a temperatura do lume non baixara á hora da cocción da cerámica, xa que tiña que estar entre 1.100º e 1.200º. En 1809 morreu Antonio Raimundo Ibáñez porque ao saír da súa casa varios veciños a asasinaron coas horcas e fouces debido a que os caciques e ricos da zona confundironos ao decir que obtía a madeira de zonas comúns, que o fume da cheminea era veneno... cando o pobre Marqués só quería mellorar a economía dos traballadores e da zona.
(A antiga fábrica pode visitarse actualmente)
Ata 1832 as pezas de cerámica eran de loza común xa que extraía os minerais da mina que lle otorgou o goberno na cal aínda ninguén había excavado nada.
En 1807 o portugués Xose Antonio Correa de Saa sustituíu ao anterior, Xoán Antonio Pérez, co que aportou novas ideas pola súa experiencia en outras fábricas.
En 1829 chega Hilario marco para substituír ao portugués ata o peche da fábrica en 1832.
En 1835 reábrese a fábrica coa chegada do socio andaluz Antonio de Tapia e Piñeiro.
Entre 1845 e 1862 ten o seu esplendor coa chegada de directores ingleses e aumentou a súa produción,abaratáronse costes e daban traballo a mil familias, ademáis introduciron novos grabados.
En 1875 cerrou a fábrica definitivamente debido á mala situación financieira que tiñan e que iba a chagar(Desastre do 98).
A actual compañía de cerámica de Sargadelos ven dada pola iniciativa de Isaac Díaz Pardo, que viaxou a Arxentina onde crearon o Laboratorio de Formas na metade do século XX,Atopábase ao lado da antiga fábrica en 1970 ata que en 1972 obteu o nombramento de conxunto Histórico Artístico, e empézase a fabricar en azul e marrón dorado e en cor vermella como marca de luxo por que para  obter esa cor encarecíase o prezo.As primeiras obras adicáronse a xente como Rosalía de Castro,Machado,Picasso... e aparte de pratos e vaixela crearon amuletos, xoias, unha colección limitada de fauna... En 1988 creouse un museo onde están recuperadas as pezas de cada período e que se pode visitar. 
E como sei que todo este tocho de texto é moi aburrido, aquí os deixo un enlace para que vexades como se fan estas maravillas ;)