martes, 17 de mayo de 2016

Galicia para un

Existen moitas formas de definila,xa sexa como un lugar onde a chuvia é o normal, incluso no verán. O problema é que Galicia non se pode definir, síntese como cando comes ó polbo á feira ou cando paseas baixo a chuvia polos bosques e sentes ese enxebrismo local. Galicia tamén é estar na praia os poucos días que se pode e non querer marchar, aínda que non todo é bó, xa que é moi puñetera cando marchas dela e che crea esa morriña de empanada ou ribeiro, pero os de verdade e non destos industriais, senón o natural, os nosos chourizos, as nosas vacas, as nosas carnes... A ver onde encontras esa calidade fóra.
 Ás veces neva moito

Moita xente cando pensa en lugares paradisíacos entende sitios como Hawai, illas varias,París... e eu preguntome, que caralo nos falta para ser un lugar así?E non vale dicir o clima por que Londres tamén o ten así e mira a diferenza de status. Queres ir de tapas ou cañas?Podes e quedas farto. Queres ir de excursión temática? Tes a Catedral de Santiago, os famosos megalitos,(que somos o lugar que máis ten).Queres relaxarte? Temos spa,casas rurais e todo o que queiras.Pidas o que pidas o temos, entón, por que se nos toma aínda por unha comunidade atrasada? Para min Galicia ten ese tópico aínda que non o mereza, xa que despuntamos en moitas cousa que xa teño mencionado. O temos todo e non pedimos tanto, só unha visita para coñecer este lugar mellor e comprender por que a xente estranxeira que ven queda prendada de nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario