martes, 26 de abril de 2016

Como acabaremos?

Eu quero pensar que ao final acabarei do que quero , con cartos no colchón e todo iso pero vindo como están as cousa non se sabe.Agora din que as pensións non van a chegar para a miña xeración e que é por todo o que rouban os corruptos, cos "Papeis de Panamá" agora e co que nos espera. Eu penso que ao final vai haber unha guerra ou algo que nos marcará, ou outra crise do crudo, algo así do estilo por que estamos a facer o parvo. Hai que apostar por enerxías renovables, controlar as novas enfermidades como o zika, ébola... sempre e cando se poida claro, é dicir, se en Galicia pódese subsistir prácticamente con enerxía eólica, mareomotriz, hidráulica... faise carallo e listo. Tanto acordo para evitar contaminar e ao final a verde Galiza será deserto todo por que os ríos se secarán e as árbores se marchitarán. Acábase antes razoando de verdade e ignorando o que din os países que non poden gozar deses privilexios de asumir a enerxía en renovable coma nós. Por que temos que facer o que manda , por exemplo, Xapón cando nós o podemos facer doutra maneira mellor? Galicia pode acabar de dúas maneiras penso, ou verde e florida como agora ou negra e podre, e asegúrovos q
ue máis de un o quere así por que teñen envexa de nós, da nosa cultura, historia e todo, por iso a xente de moito poder non quere beneficiar a Galicia e non o invento, hai feitos, por exemplo que no reparto dos cartos somos dos que menos temos sendo xa non dos que menos deuda co Estado teñen, senón dos poucos que teñen saldo positivo pero como non queren que despuntemos do resto o compensan desa maneira.E todo isto é un ciclo por que sempre é e foi así, pois eu te digo que a miña xeración non é parva, somos espabilados e con gañas de cambiar o mundo empezando por Galicia, posto que a maioría das enxenerías que se ofertan son cubertas por personas galegas, eses "paletos de pobo" como nos chaman o resto.
Pois espera a ver senón somos capital dentro de 20 ou 30 anos por que a este paso o petamos.Estamos cambiando e xa estamos empezando a despuntar en varios sectores, téxtil(Inditex), deportivo(Gómez Noia,Lucas Pérez), alimentación(a nosa cultura do norte) etc. Todo cambia e non sabes como afrontalo polo que o desprecias aínda que teñas envexa pura.
Según as últimas encostas, a xente prefire o campo e natureza fronte á cidade, polo que é cuestión de tempo e acabaremos sendo máis grande todavía e máis todo.
En conclusión, vamos a por todas e aínda que a xente non nos entenda agora ou malinterpreten as nosas gañas de ser nós mesmos para triunfar xa o verán, aínda que ao principio fallemos, mentres nos levantamos e avanzamos hai que ter fé, ou polo menos non criticarnos por que seremos a próxima capital española e actuaremos en consecuencia. e non son ameazas, é o futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario