martes, 17 de mayo de 2016

Franco,terror ou risas?


Xa sei que sabedes que era malo, non vos vou contar nada de él, xa que aparece moi ben en calquera parte, o único que vou facer vai ser contaros a súa historia dende o meu punto de vista e non creades que con velo vos chega para un examen, por que isto é unha caricaturización chapuceira que fixemos uns amigos, espero que vos guste e grazas polo voso tempo.Pínchame

A nosa terra

Que é Galicia para ti? Non existe una resposta correcta xa que o son todas por que Galicia é moitas cousas, verde,florida,invernal...
Invítoche a reflexionar e pensar durante un chisco o que é para ti, a ver canta imaxinación tés.
Non só se trata de pensar na paisaxe, tamén na gastronomía, cultura, historia, personaxes célebres e todo o que poidas lembrar.Para min existen varios tipos de Galiza , está a de cidade como Madrid, una gran urbe na que todo se parece a ciudades como NY,Londres...
Despois está a mítica rural, todo campo, a rúa sen pavimentar, a xente coñecendose toda entre sí... e ademáis é o estereotipo de Galicia, cousa que non se entende cando cada vez hai máis ciudades e nos vamos modernizando.
E por último tamén está a que compaxina todo, na que se te afastas un par de kilómetros no verdor non sabes voltar, aínda que escoitas os ruídos dos motores.
 Agora que sabedes o que pensó eu, pensade vós como cando éramos cativos e imaxina toda a historia de Galicia, todo o que é contado imaxínao mentres pasa o tenpo.Imaxina un castro, imaxina a Roi Xordo, imaxina ás Irmandades e imaxina tamén o malo.Claro que todos os sitios teñen historias pésimas e crueis, pero é parte de nós e non debes de esquezelo, imaxina a conquista dos romanos, os mortos nas revolucións que fixemos, a ditadura e a Guerra Civil...
 Imaxina todo isto e entenderás Galiza.

Galicia para un

Existen moitas formas de definila,xa sexa como un lugar onde a chuvia é o normal, incluso no verán. O problema é que Galicia non se pode definir, síntese como cando comes ó polbo á feira ou cando paseas baixo a chuvia polos bosques e sentes ese enxebrismo local. Galicia tamén é estar na praia os poucos días que se pode e non querer marchar, aínda que non todo é bó, xa que é moi puñetera cando marchas dela e che crea esa morriña de empanada ou ribeiro, pero os de verdade e non destos industriais, senón o natural, os nosos chourizos, as nosas vacas, as nosas carnes... A ver onde encontras esa calidade fóra.
 Ás veces neva moito

Moita xente cando pensa en lugares paradisíacos entende sitios como Hawai, illas varias,París... e eu preguntome, que caralo nos falta para ser un lugar así?E non vale dicir o clima por que Londres tamén o ten así e mira a diferenza de status. Queres ir de tapas ou cañas?Podes e quedas farto. Queres ir de excursión temática? Tes a Catedral de Santiago, os famosos megalitos,(que somos o lugar que máis ten).Queres relaxarte? Temos spa,casas rurais e todo o que queiras.Pidas o que pidas o temos, entón, por que se nos toma aínda por unha comunidade atrasada? Para min Galicia ten ese tópico aínda que non o mereza, xa que despuntamos en moitas cousa que xa teño mencionado. O temos todo e non pedimos tanto, só unha visita para coñecer este lugar mellor e comprender por que a xente estranxeira que ven queda prendada de nós.

martes, 26 de abril de 2016

Como acabaremos?

Eu quero pensar que ao final acabarei do que quero , con cartos no colchón e todo iso pero vindo como están as cousa non se sabe.Agora din que as pensións non van a chegar para a miña xeración e que é por todo o que rouban os corruptos, cos "Papeis de Panamá" agora e co que nos espera. Eu penso que ao final vai haber unha guerra ou algo que nos marcará, ou outra crise do crudo, algo así do estilo por que estamos a facer o parvo. Hai que apostar por enerxías renovables, controlar as novas enfermidades como o zika, ébola... sempre e cando se poida claro, é dicir, se en Galicia pódese subsistir prácticamente con enerxía eólica, mareomotriz, hidráulica... faise carallo e listo. Tanto acordo para evitar contaminar e ao final a verde Galiza será deserto todo por que os ríos se secarán e as árbores se marchitarán. Acábase antes razoando de verdade e ignorando o que din os países que non poden gozar deses privilexios de asumir a enerxía en renovable coma nós. Por que temos que facer o que manda , por exemplo, Xapón cando nós o podemos facer doutra maneira mellor? Galicia pode acabar de dúas maneiras penso, ou verde e florida como agora ou negra e podre, e asegúrovos q
ue máis de un o quere así por que teñen envexa de nós, da nosa cultura, historia e todo, por iso a xente de moito poder non quere beneficiar a Galicia e non o invento, hai feitos, por exemplo que no reparto dos cartos somos dos que menos temos sendo xa non dos que menos deuda co Estado teñen, senón dos poucos que teñen saldo positivo pero como non queren que despuntemos do resto o compensan desa maneira.E todo isto é un ciclo por que sempre é e foi así, pois eu te digo que a miña xeración non é parva, somos espabilados e con gañas de cambiar o mundo empezando por Galicia, posto que a maioría das enxenerías que se ofertan son cubertas por personas galegas, eses "paletos de pobo" como nos chaman o resto.
Pois espera a ver senón somos capital dentro de 20 ou 30 anos por que a este paso o petamos.Estamos cambiando e xa estamos empezando a despuntar en varios sectores, téxtil(Inditex), deportivo(Gómez Noia,Lucas Pérez), alimentación(a nosa cultura do norte) etc. Todo cambia e non sabes como afrontalo polo que o desprecias aínda que teñas envexa pura.
Según as últimas encostas, a xente prefire o campo e natureza fronte á cidade, polo que é cuestión de tempo e acabaremos sendo máis grande todavía e máis todo.
En conclusión, vamos a por todas e aínda que a xente non nos entenda agora ou malinterpreten as nosas gañas de ser nós mesmos para triunfar xa o verán, aínda que ao principio fallemos, mentres nos levantamos e avanzamos hai que ter fé, ou polo menos non criticarnos por que seremos a próxima capital española e actuaremos en consecuencia. e non son ameazas, é o futuro.

sábado, 16 de abril de 2016

O futuro, certo ou incerto?

É un tema particularmente discutible para min por que non me gusta cando a xente e sobre todo os adultos che din cousas como "eu iso xa ó vin" ou "xa verás como pasa isto por que non fás o que te digo". A ver, que che ocorrese a ti non significa que me teña que pasar a min por que ao mellor non o fago como o fixeste ti, por exemplo, e o mismo pasa co resto. Hai "expertos" que afirman que Galicia desaparecerá por que ten unha poboación vella, que os mozos vanse en busca de oportunidades e blablablá. Pois ben. eu che digo, sabes o que vai pasar?Eres adiviño?Non, verdade? Pois cala por que así fas que a xente se vaia por que como un "experto" afirma que a xente se vai, os mozos non van a ser tontos e se irán, irse a onde? Se non hai traballo en ningures!
Por iso digo que temos que ser optimistas, ninguén sabe o que sucederá mañán , para ben ou para mal, así que o que podes facer é intentar cambiar ti para que , quizáis, cambien algunhas cousas.
Segundo o IGE(podedes mirar aquí todas as estatísticas que querades), Galicia tiña o ano pasado 2.732.347 de habitantes polos 46.624.382 de España.en comparación somos ínfimos, para ser una comunidade con tanta historia,cultuta, aportación ao PIB nacional... e despois no reparto dos cartos somos dos que menos recibimos.Así claro que desaparecemos, como vamos a construír edificios e instalacións para atraer á xente, parece que o fan adrede. Pero ao que vamos, que pasará? Se ninguén o sabe , por que deixarnos influenciar?Segundo as historias que nos contan podemos acabar de dous maneras dentro de 40 anos, ou ben podemos acabar en plan futuristas, con todo de cores brancos e azuis ou destruidos pola rebelión das máquinas ou por nós mismos, é certo ou non?
Este non é escenario para Galicia, será máis ben unha cousa coma a de agora por que sempre chegan tarde as cousas , a industrialización, a electrónica...Esta é a miña opinión e é o que a xente debe facer, opinar, pero non afirmar por que o futuro é incerto e complexo, esa sensación de non saber o que pasará fagas o que fagas. Por este motivo existen persoas que queren viaxar ao futuro para saber como é , pero o dos viaxes no tempo ninguén se atrevería a facelo. De ser esto posible, sería o futuro certo e predecible? E para que? Para ver o que pasará dentro de 100 anos? Que máis che dá se non vas a estar aquí para usar os novos avances no que sea! Por iso penso que é un tema discutible, por que haberá xente que diga que podemos obter novas tecnoloxías, culturas... e entón daste conta de que xa só por saber iso que antes non sabías xa é o futuro.É un tema complicado e difícil de entender e explicar,como non sabemos o que vai a pasar dentro de x anos é absurdo pensar en como sería por que calquer cambio que ocorra  por minúsculo que sea o altera, igual que o famoso "efecto mariposa", de que se alteras unha parte do tempo, repercute no contrario, por exemplo, se vas ao pasado e matas a Hitler antes de que faga o seu, non sabes como repercutiría no futuro por moitas ideas que teñas. Polo tanto e para rematar vou dicir unha cousa, o futuro é incerto e é absurdo dicir como será, podes pensar como queres que sexa, pero para qué? Se o pasado non o podemos recuperar por que xa é pasado e se o futuro é incerto aínda que intentemos créalo á nosa  maneira, que nos queda? O agora, o momento, o presente, e hai que disfrutalo por que por iso se chama presente. 


viernes, 15 de abril de 2016

De maior quero ser asasino

En vez de facer una entrada de cada un, vouvos poñer nunha soa a dous asasinos galegos de lenda para que vexades o que se contaba antes E se vos digo que detrás de cada rostro se agocha un asasino despiadado e capaz de matar a calquera?Eu, ti, calquera persoa pode e é una asasina, o único que algúns non se esconden e o fan. Existe a teoría de que os asesinos nacen así, con ansias de matar, pero hai de todo. Existiron asasinos que atribuían os crímenes a voces que llos mandaban ou persoas creadas por elas mesmo para xustificarse.hai algunas que desenrolan problemas mentais e que sen querer facelo están obrigados a matar. Velaquí algú
ns asasinos de lendas galegas:

ARITZ RAMIRO PÉREZ, O Coco


Fillo de pai galego e de nai vasca, foi un asasino galego do século XIX según a lenda. Tiña un problema serio, a hidrocefalia , una enfermidade que consiste na acumulación de auga na cabeza e produce o agrandamento desta. A xente o chamaba "O coco" por iso e chegou a paranoiarse tanto que acabou por odiar a todo o mundo. Na aldea na que vivía o consideraban como un demo e marxinábano, e según algúns datos históricos podería ser pola zona de Pontedeume.Anos máis tarde, cando tería uns 16 empezou a matar gatos e outras alimañas, pero ninguén lle deu importancia. Había una rapaza que lle gustaba e cando foi a decirlle se quería saír con el e ante a negativa de esta, estrangulouna e levouna para o cortello da casa onde a descuartizou e deulla de comer aos porcos para que non quedaran probas. Ante a subida de adrenalina deste acto, seguíu facendo o mal, violando mulleres,roubando e matando. O único que se sabía era que levaba roupa escura e que tiña una gran cabeza. Obviamente a xente do pobo acusou a Aritz destes actos e prendéronno. Foi levado ante a lei e acusado de todo. O resultado foi a pena de morte e cando o levaban para matalo, mordeu a un garda e coa arma de este disparou ao outro co que fuxíu e nunca máis se soupo de el. Tanto foi o medo que tivo o pobo que para asustar á xente dicían que o coco volvería se andaban pola noite sós e por camiños desertos ou se non durmían cando se lles mandaban. De esta lenda naceu a historia do coco que todo o mundo coñece hoxe en día e que tanto medo nos dá.

ANTONIO LÓPEZ SÁEZ . O home da chanfaina

O seguinte asasino é peculiar posto que foi moi intelixente e astuto, vos recomendo que para lelo
non almorzárades moito.
Este home era de pobo ,en pleno século XX, e con todo iso da revolución industrial marchou cara una cidade en auxe, Ferrol. Según a lenda , vivía na zona alta, en Canido e proximidades. Os seus país foran carniceiros de tradición e el seguíu esa tradición.O único que pasaba era que lle faltaba un dedo na man dereita por que de cativo o cortou durante a chanfaina da casa e desenrolou una personalidade múltiple, que cando lle dicían a palabra "chanfaina" volvíase tolo e pasaba a ser a súa cara oposta que mataba e facía de todo coas persoas que o enrabetaron.
Segundo a lenda, un día estaba atendendo a un veciño cando de pronto...
- Hola Toño.
-Boas Xesús.
-Ponme... medio kilo de panceta, media ducia de rabos e 200 gramos de unto.
-6 rabos? E logo tes comida familiar ou que?
-Non,non.É que me gustan moito e así os gardo para varios días, que este ano non fixen chanfaina e...
Nada máis rematar de dicir a palabra, Antonio xirouse e có coitelo de cortar a panceta do porco cortoulle o pescozo con tal forza que a cabeza rodou polo chan e antes de que o corpo caera apuñalouno varias veces. Levouno á parte de atrás, desnudouno e cortoulle o membro viril.
-Tanto rabo para isto, pfff.... , se tanto che gusta xa verás.
Meteuno na gorxa do tal Xesús e cortoulle un dedo, símbolo de que o asasinara él.
Despóis de calmarse e ver a desfeita que fixo envolveuno nunha tea vella e tirouno á ría de Ferrol.
Tempo despóis a xente déuse conta da súa falta e de que nunha vila de alí cerca houbera desaparicións similares, aínda que cesaran. Todo o que sabemos desta lenda é grazas a una suposta carta que deixou Antonio e que explicaba o seu problema, da xente que matara pero dicía que non se acordaba do acto en si. pero que fora el.

domingo, 13 de marzo de 2016

Maria Vázquez Suárez, feminista galega



Xa polo título podemos imaxinar que non debeu de acabar moi ben esta pobre rapariga,xa que o de  ter ideas socialistas na época sendo unha muller era complicado, e en efecto acabou asasinada en 1936 pola garda da II República. Unha das fontes de información que temos é o relato de María Victoria, familiar súa.
A priori, "Maruxa" era unha rapaza normal, nada en 1895 en Satiago e filla dun militar e dunha cantineira, que tecía para os nenos aos que ensinaba na escola de Miño, xa que era mestra,
para que non existira distinción de clase.
En 1913 consigue o título  de mestra  e en 1918 é nomeada para a escola de nenas da Pobra do Caramiñal, logo de demorarse a obtención da praza que obtivera en 1917 para un destino en Castellón.Non é ata decembro de 1929 cando consigue a praza de mestra na escola número 2 de Miño,onde é recordada pola súa labor a favor da escola laica e o amor libre.
Interesouse pola pedagoxía dende os seus comenzos para coseguir o que desexaba, os valores que eran demasiados novidosos para a época e que moita xente desprezaba como os bonecos dos semáforos en Valencia, onde puxeron bonecas de mulleres e de homes para a igualdade, aínda que hai xente(incluíndo mulleres) que o ven inútil como o vía a xente polo traballo de Maruxa.
 Militou o PSOE, participou en mitins e diversos actos, e foi fundadora da agrupación socialista de Miño en 1933. Estaba afiliada á sección de ensino da UXT dende 1933 e era socia de agrupacións feministas, destacando nos seus discursos a preocupación polos dereitos das mulleres. En 1933, impartiu unha conferencia no local coruñés da Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Hispano-Americanas.
No momento do golpe militar, María atopábase na Coruña, onde foi detida a inicios de agosto e trasladada ao cárcere de Pontedeume.Estando encarcerada, o 14 de agosto foi destituída como mestra, documento de destitución que asina con pulso vacilante María un día antes do seu asasinato.

Na madrugada do 19 de agosto, falanxistas e gardas civís de Pontedeume sacaron a María do cárcere, xunto con outros presos, e asasinárona nunha praia de Miño, aínda que a súa morte non foi rexistrada ata decembro.

Foi acusada, entre outras cousas, de postular a escola laica e o amor libre, así como de enterrar á súa nai sen rito católico.Tras a súa morte, Xoaquín, o pai, foi obrigado a abandoar Miño e regresou a Vilaescura en 1941, onde lembran que nunca superou o asasinato da súa filla, que o pasou mal toda a vida (ata a súa morte en 1950) e que se fixo un home solitario. Ía todas as tardes a unha pequena casoupa, coñecida hoxe como a “casiña do capitán”, que construíu afastada das casas, cerca de Penabión, a ler o xornal e estar só, mirando o paso do tren aló abaixo cara ao Cabe. Pouco antes de morrer fora un tempo á misa, “por cumplir”, polo que o puideron enterrar no camposanto en Vilaescura, nunha tumba de terra.
Con todo isto, María conseuíu que a xente se dera conta do interese que tiña a xente poderosa de que as cousas non cambiaran e así crearonse os sindicatos para os dereitos das mulleres e todo o relacionado co elas aquí en Galicia.