miércoles, 25 de noviembre de 2015

Morocho,o avó patriota

Morocho Dopico foi o meu avó paterno,gran señor que nos deixou cando aínda era cativiño eu,pero teño recordos,algúns vagos,da súa persoa e historias del.O que recordo del é un anciano cun sorriso na boca e de costumes, de comer a unha hora e de botar a partida dos domingos.Un home feito e dereito dos que xa non quedan,un home con principios e ideais.Detrás dese comportamento tan xenuino cabe destacar un militar que sinte as cores da bandeira e que a defende.
Non era "facha" como algúns cretinos cren, por que para empezar os fachas son os actualmente remingados ou "pijos" en castelán.Os patriotas eran os que se levantaban antes que o sol para traballar no campo manualmente,manchándose, e que se acostaban á noite rendidos.Eran os que limpaban a carne e o peixe sen guantes,en fin os que facían as cousas e levantaban o país.
Os fachas eran peores por que dicían "eu iso non o fago que non me gusta ou me ensucio",e falando en  castelán por suposto.El era patriota de verdade.
Non loitou na guerra en principio por que en Galicia non houbo guerra e por que non podía permitirse abandoar a unha muller e doce fillos a súa sorte,sen ensinarlles como traballar no campo para sobrevivir, pero el apoiaba aos comunistas alabándoos e facendo todo o que podía.

Ermitas,a súper-avoa

Ermitas Piñeiro era a muller de Morocho, e non defendía a guerra nin ao bando comunista.Faleceu pouco despois que meu avó por pena, iso si que é amor e non o de agora co divorcio e tanta merda.Pero o que a caracterizaba era o seu temple e a súa capacidade para facer as cousas, era capaz de facer a cama,cociñar e ordeñar as vacas sen nervios e de manera perfecta.Non falaba moito, por que xa estaba acostumada a súa época de non poder discutir,opinar...Non digo que meu avó a maltratase,ao contario, a apoyaba, o digo pola situación do estado e nada de violencia de xénero.
Gracias a ela meu avó non foi a guerra e permitiu que siguese en Meirás, na casa coa familia.
A súa actitude e mais a de Morocho forxaron o carácter dos seus fillos, do que o meu pai é o máis novo con cincuenta anos...

Ten meu pai temperamento e cabeza fría á vez,sabendo pensar en cada momento o mellor, cuns valores da vida detrminantes na vida e os seus irmáns tamén, algúns máis que outros, claramente.

sábado, 14 de noviembre de 2015

Halloween ou Samaín?

Esa é cuestión,como chamarías ao 31 de outubro? É o mesmo? Pois si, é o mesmo.A principal diferencia entre unha e outra é o carácter que se lle da, o Halloween americano ten máis motivos económicos e financieiros que os motivos de festa e enxebre do Samaín.Ademais o Halloween ten trazos de varias festas xuntas, como o entroido e o día dos defuntos.A noite de Samaín era a única do ano na que os difuntos podían reencontrarse cos vivos.Considerábase un sacrilexio non asistir á misa dos defuntos ou á de "cabo de ano"
Esta festa está moi arraigada en Galicia, xa que é unha comunidade moi máxica e supersticiosa, coa Santa Compaña, as mouras...
As manifestacións da festa co nome de Samaín proveñen de xente como Otero Pedrayo, que explicaba que en Irlanda bebían da fonte do esquezemento,pero o seu inicio o ten na cultura celta.Aínda que a persoa que re-descubriu esta festa tan querida en Galicia é Rafael López Loureiro,que comprobou que existía en Galicia ata menos de fai trinta anos.Tamén fixo que se recobrara a "procesión das ánimas" na que os mozos xoves da villa saían descalzos pola rúa portando un candí lembrando á Santa Compaña.

Antaño na época celta en vez de cabazas usábanse caaveiras baleiras para que os demos non se acercaran.Posteriormente usábanse nabos e finalmente cabazas,xa que era do que máis abundaba en cada época.A típica frase de "truco ou trato" ten o seu significado, e é que os celtas deixaban doces nas portas para manter contentos aos demos e espíritos malignos.
Tamén era típico que os druidas utilizaran o xogo da mazá para saber quen sería o primeiro en casar no pobo, e hoxe é un dos xogos típicos da festa.Nesta noite os druidas achegábanse ata os bosques para recoller muérdago cunha foz especial para a relixiosidade;era de ouro.Cando volvían elaboraban pócimas para obter pronósticos como casamentos,a morte...

jueves, 5 de noviembre de 2015

Como sacar unha fotografía?

Pode parecer absurdo, pero case ninguén sabe.Non é únicamente coller unha cámara ou teléfono e darlle ao botón.Hai que ter en conta o horizonte,a distancia da persoa respeto ao centro da cámara...
Por difícil que pareza,existen truquiños para saber sacar fotos coma os grandes,ao estilo de Gabriel Tizón, por exemplo, fotógrafo galego de grande prestixio europeo.É un dos mellores fotógrafos do mundo, estivo prácticamente en tódolos continentes traballando con refuxiados,fauna...Pero volvendo ao tema das fotos, cos seguintes trucos poderás ver a diferencia entre unha foto que facemos calquera e unha boa foto.
Imaxina que divides o plano da cámara en seis partes iguais.
- Por exemplo, a línea do horizonte non debe estar no medio xusto.


Se está no medio choca un pouco por que centras a túa atención sobre iso únicamente.









Se a linea do horizonte está máis baixa ou alta queda mellor por que ves toda a fotografía.

-Se lle sacas unha foto a túa moza ou mozo, é mellor que se poña fora dos cadrados do centro, aínda que insista pra saír.

-Se lle sacas unha foto a alguén cun fondo, é mellor que o fondo sexa branco ou unha cor uniforme para que destaque coas cores da roupa e complementos nada máis vela.

Son poucos consellos aínda que prácticos, se dubidas proba a facelo e poderás ter fotos como as de Gabriel Tizón.
 Contraste con el fondo


 La línea de fondo no está en el medio.