Casa Morocho
Houbo unha vez que tiña pensado marchar e emigrar cara América para poder soster á familia e aportar cartos.Levantouse cedo para non despertar aos fillos por que non quería despedirse e chorar, non estaba afeito a iso.Despertou coa que fora a súa muller de toda a vida,dende raparigos xa e axudoulle a rematar de facer a maleta,escasa pero con demasiados recordos de Dios.Á hora xa estaba embarcando en Coruña xunto con outras persoas camiño dunha terra mellor supostamente.Estaba xa no barco-cruceiro cando escoitou que outro barco afundírase o "Aldecoa" frente a África, e el o entendeu como que o podía perder todo e a todos e non embarcou, fuxiu dando golpes e patadas, pero xa era tarde, o navío saíra do embarcadoiro e estaba a unha milla de distancia.Preguntou cando podería baixar e voltar e os responsables ao mando alucinaban.
Dixéronlle que ata que chegaran ás Américas nada, e el cagándose na leite que mamaron deuse á volta.Esperou un par de días con gañas de saír daquela pocilga e cando chegaron foi o primeiro en saír e o primeiro en querer voltar.Preguntou aos de alí se o podían levar ou canto lle costaría, e ao dicir que era español poñíanlle escusas.Non sabía o que facer e para aforrar os cartos por si acaso,durmíu á tempeire.Ao final pensou en obter unha barquiña de madeira e remar cara a súa familia, pero se era un só cansaríase rápido e quedaría á deriva, polo que había que buscar a outro.
Preguntou primeiro aos españois do barco que estiveran con el e o tomaban a mal por que non querían pensar nos seus fogares e mulleres e recibíu palizas.Optou por preguntar á xente local da zona por se alguén quería acompañalo pero todo eran negativas e ao final decidíu infiltrarse nun cargueiro ou algo polo estilo.
Despois dunha semana de espera apareceu a oportunidade e non a desaproveitou,era un barco de mercadorías que transportaba especias e aloxouse nun recuncho do almacén,tapado cunha manta para que o viran o menos posible,Durou así tres días e dúas noites,aproveitando algunha cousa que había por alí.Deixouno no porto de Vigo e aínda que pareza incrible,camiñou dende Vigo cara Meirás,a ratos a pé a ratos en carro de alguén que o axudaba, ao final despois dun mes sen saber nada del, voltou a casa como se nada, cun sorriso na boca de orella a orella e sabendo o que quería,quedar coa familia pasase o que pasase.Esta historia cóntase na familia todos os anos, recordando a súa figura e as súas cousas,que eran algunhas impensables.